Resumen Fediverso.gal - Abril 2023

Bo día xente!

Agora que está máis estabilizado as migración dos servizos, imos poñer os post de resumo do que pasou no fediverso no último mes pasado a modo de transparencia deste proxecto.


Como sabedes, se fixo unha migración de mastodon.gal e foros.fediverso.gal a infraestrutura de dinahosting, a cal a temos patrocinada por eles durante un mes.

Ademais, aproveitando a migración, creouse a páxina web fediverso.gal. Neste sitio engadiremos información dos servizos que usen o fediverso e estean pensado para unha audiencia en galego. Comentarvos que, se sodes amantes da fotografía, podedes contribuir a esta web engadindo cabeceiras no post dispoñible en !fotografia@foros.fediverso.gal.


Sobre mastodon.gal, dicir que este abril houbo 8 usuarias novas. Actualmente temos unhas 456 usuarias activas e sobre 13.000 interaccións entre usuarias no ultimo mes. Se queredes ver gráficas aquí as tedes do noso taboeiro de control:

Resumo dos datos anteriores mostrados con respecto ao días


Con respeto ao padroado, este mes tivemos 11 persoas que contribuiron totalmente con 13,21 € de doazóns (19,67 € menos impostos e comisións polos servizos). Temos 2 persoas doadoras por Liberapay e as restantes fanno polo noso Ko-fi. A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día:


Agora, con respecto aos custes da infraestructura, reducirse bastante con respecto a meses anteriores. Istos son os desgloses:

DigitalClouding (Plataforma de servizos cloud):

  • Espazo S3 (disco duro de 250GB): 4,52 €
  • Cosumo extra (78.13 GB a maiores: 1,41 €
  • Total (+ IVA): 7,28 €

SendInBlue:

  • Envío de mensaxes electrónicos: 22,99 €

Isto polo de agora, a ver se para o mes teño forma de obter os datos do taboeiro cos eixes e demais, como os teño coas doazóns.

Saudiños e ata a próxima.

2 points · 0 comments · view on lemmy.world

0 Comments

No comments yet.